PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

jueves, 11 de junio de 2009

Os nen@s opinan sobre o "club de lectura"

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, no noso cole temos dous clubes de lectura. Os comentarios que van a continuación son do club de 5º. Próximamente ensinarémosvos qué opinan os alumn@s de 6º.

"A min o clube de lectura paréceme unha idea orixinal na que podemos imaxinarnos grandes cousas. Comentalo todo e unha boa idea para poder saber como pensan os demais compañeir@s. Paréceme unha boa maneira de apreciar máis os contos"

"O clube de lectura é moi divertido e ademáis podes aprender moitas cousas".

"O club de lectura é moi interesante porque podes aprender cousas que antes non sabías. É unha pena que non veñan todos os compañeiros porque no clube pérdese a vergoña".

No hay comentarios: