PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

martes, 23 de junio de 2009

O prometido é deuda...

Como xa vos dixemos nunha entrada anterior, os de 6º tamén teñen un club de lectura, e como por fin sacamos a foto (na que os dous únicos rapaces NON quixeron saír, ay ay...) pois aí vos deixamos a imaxe inmortalizada do momento, ca mestra Paula, e os comentarios acerca do último libro
"El tiempo y la promesa"



"A min o club de lectura paréceme moi divertido, nunca tiveramos un no cole e a min os libros gústanme moito. Espero que se siga facendo" Alba.

"A verdade é que este libro a min non me gustou moito, é relixioso e a min ese tema non me vai, pero o concepto que quere expresar está ben" María.

"A min o club de lectura ensinoume a atoparlle outro punto de vista á lectura, e con rapaces coma vos, comentar un libro é algo marabilloso. Todos aportabades algo sempre e se o libro nos parecía complicado, coma no caso deste, sempre lle sabiades ver o lado positivo. Moitísimas gracias por eses momentos na hora de lectura, e recordade que sempre vos terei na miña memoria. Unha aperta xigante" Paula





No hay comentarios: