Este ano, tendo en conta o tema anual do centro, conmemoramos o Día da Poesía traballando a poesía tradicional xaponesa: os HAIKUS.
CARTA DE CARRÁS INVITANDO AO ALUMNADO A PARTICIPAR NA ACTIVIDADE
Meus querid@s amig@s do Carrasqueira:
O tempo corre e xa me cheira a marzo no nariz. Xa me veñen de camiño as gañas de saborear flores e escribir poemas. Nunca vos pasou? Ando nervioso dende hai días porque este ano teño preparado algo grande para o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía.
Xa sabedes que para min o mellor de ler é poder viaxar coa imaxinación a outros mundos, chegar a universos dos que aprender outras linguaxes … Descubrir novas formas de beleza. Pois este ano, liado como teño andado cos Pokemóns, conseguín chegar a Xapón. Si, si, coma volo conto. Sabíades que os Pokemóns viñan de Xapón? e, que coñecedes da poesía xaponesa?
Camiñei todo Vigo falando cos libreir@s para traervos á escola a resposta a estas preguntas. E levo meses seleccionando libros cos Haikus que máis me fascinaron. Pregúntome se algún de vos sabe o que é un Haiku? … Calquera poema xaponés é un Haiku? Só se es un Pokemon podes escribir un Haiku?
Para fartar a vosa curiosidade prepareivos unha bolsa personalizada. O que tedes entre as mans é un novo tesouro, unha nova porta ó coñecemento. Todo o que precisades saber para arrancar a vosa viaxe ós Haikus está ahí dentro : un libro para debullar na clase, unha explicación que vos sirva como mapa e unha tarxeta que agarda tomar sentido entre os vosos dedos.
Propóñovos que enchamos o taboleiro de xogo da porta da biblioteca cos Haikus que escribades, credes que poderemos encher tódalas casillas? Para conseguilo tedes que escribilos nunca tarxeta de cartolina coma a que tedes na bolsa. Preciso ter tódolos vosos Haikus no meu buzón o 19 de marzo, non vos retrasedes.
Axudádeme a chegar coa poesia de tod@s ata a meta!!!
Carrás