PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

miércoles, 20 de junio de 2018

CHEGAMOS A META


Un ano máis despedimos ao alumnado de 6º de primaria que participou nas tarefas da biblioteca.
Aprendendo, con tesón e actitude @s bibliotequeir@s fixeron de fio conductor integrando os usuarios nas rutinas e animando a novos candidatos para o próximo curso.

                      AQUÍ VAI A NOSA HOMENAXE.







domingo, 13 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS E MARÍA VICTORIA MORENO


Como contribución ao recoñecemento da figura de María Victoria Moreno, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018, desde a nosa biblioteca, ponse a disposición de todos os usuarios un material variado arredor de varios títulos desta autora. Dito material atópase ubicado nun expositor situado na entrada da biblioteca.


Ademáis, para coñecer un pouco máis da vida e obra desta ilustre escritora deixámovos un video realizado por alumnos/as dun colexio de Ourense.

                 

lunes, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Hoxe é o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso, quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.




ACTIVIDADE PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

viernes, 6 de abril de 2018

75 ANOS DE " O PRINCIPIÑO "



Hoxe, 6 de abril, " O principiño",  obra escrita por  Antoine de Saint-Exupéry, está de cumpreanos. En concreto cumpre 75 anos, unha idade nada desdeñable para unha personaxe infantil.
Considerada a obra francesa máis lida e vendida na historia, traducíuse a 250 idiomas e dialectos e incluso fíxose a súa versión en braille.
O Principiño aborda baixo a sinxeleza dun conto unha reflexión profunda sobre o sentido da vida, convertíndose nun clásico tanto para nenos como para adultos. Aos primeiros este libro atrápalles pola aventura, a fantasía e   fai que poñan en xogo a súa imaxinación e intuición; e os adultos, tal vez de maneira menos intuitiva do debido, ven   reflexado no libro a trascendencia de preguntas esencias para a vida. 
No seguinte video, podedes ler algunhas das frases más emblemáticas do mesmo. Se quedades con gañas de máis, pasádevos pola biblioteca e collede en empréstito o voso exemplar, seguro que a súa lectura non vos vai defraudar.

                                    

jueves, 5 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL





Carrás anímavos a visitar a XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra dende o venres 6  ó domingo 29 de abril.
Baixo o lema "MULLERES DE CONTO" este ano o salón homenaxea as mulleres da literatura infantil, dende as personaxes dos contos pasando polas escritoras, editoras, bibliotequeiras ... e todas aquelas mulleres que forman e conforman o mundo literario dos máis pequenos, os cales poderán desfrutar  con obras de teatro, contacontos, talleres .... e moitas actividades o tempo que se forman e  se diverten neste salón que ano tras ano segue fomentando a lectura en galego.
Como novidade, este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil contará coa presenza dun país invitado; México, que traerá a súa cultura e riqueza literaria. O programa do evento tamén incluirá un concurso de ilustración e faráse ademáis unha especial dedicación a figura de María Victoria Moreno, Premio das Letras Galegas 2018.

Aquí podedes ver o programa completo de tódalas actividades que se van desenvolver en dito salón:

                        http://www.salondolibro.gal/



lunes, 2 de abril de 2018

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


                           

Dende 1967, en torno o 2 de abril, conmemorando o día do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase, o Día Internacional do Libro infantil e xuvenil co ánimo de inculcar o amor polos libros e para chamar a atención da comunidade sobre os libros para nenos.
Cada ano, unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora do día do libro infantil. Esa sección elixe un tema e invita a un autor do país a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un recoñecido ilustrador para o deseño dun díptico. Este ano 2018, o país encargado de isto é Letonia. A autora da mensaxe é a escritora e editora Inese Zander que titula a súa mensaxe: " Los libros hacen grande lo más pequeño". Pola súa parte, a imaxe corre a cargo do recoñecido ilustrador Reinis Petersons.




                  ACTIVIDADE MESTRES LECTORES

Dende a nosa biblioteca para conmemorar este día realizamos a actividade de mestres lectores:






miércoles, 28 de marzo de 2018

VIGUESES DISTINGUIDOS

Este luns, o concello de Vigo decidiu, por unanimidade, o nombramento como Vigueses Distinguidos de Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro, escritores vigueses galardoados co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 ( Ledicia Costas por " Escarlatina, a cociñeira defunta") e en 2017 (Teijeiro por "Poemar o mar").


O alcalde, Abel Caballero, puso en valor a importantísima capacidade de elaboración de literatura que hai na cidade con dous recoñecementos nacionais para autores vigueses nos últimos tres anos, algo claramente tan reseñable.

A continuación vos deixamos uns videos para ir abrindo boca sobre a obra destes dous grandes escritores. Xa sabedes que se queredes ler máis sobre Ledicia e Teijeiro na biblioteca contamos cun variado surtido de libros deles. 
                         Parabéns para os dous!!!!!

                      

 Ledicia Costas e " Escarlatina, a cociñeira defunta"   
     
               https://youtu.be/uLIu9jYP1to







martes, 27 de marzo de 2018

DÍA MUNDIAL DO TEATRO



Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. En palabras, de Federico García Lorca:

" El teatro es la poesía que se levanta del libro y se hace humana. Y al hacerse humana, habla y grita, llora y se desespera".

Animamos os nosos usuarios que a volta das vacacións se acheguen a biblioteca da escola e boten una ollada a estantería coa CDU 86 adicada o teatro. Ali poderán atopar una ampla selección de libros para ler e facer teatro, que lles permitirán abrir as portas a creación e a imaxinación.




sábado, 24 de marzo de 2018

CLUB DE LECTURA

Durante o segundo trimestre, o alumnado das duas aulas de 6º de primaria levaron a cabo un club de lectura. Quincenalmente, reuníronse na biblioteca para compartir comentarios, ideas, vivencias, segredos, ... que xurdían da lectura do libro. Os libros foros elexidos polos nenos/as escollendo os seguintes títulos:



  •   " Los peores niños del mundo" de David Williams. Dez historias, reunidas nun único volumen, endemoniadamente divertidas e surrealistas sobre os dez nenos máis espantosos do mundo.
  •  "Wonder. La lección de August" de R.J.Palacio. Narra a historia de August, un neno que aprenderá a lección máis importante da súa vida: crecer na adversidade e aceptarse tal e como un é.



                           
       
                   

Os obxetivos que se perseguiron coa realización deste club de lectura foron:

  • Mellorar a calidade e comprensión lectora dos alumnos
  • Crear un clima positivo, ameno, lúdico e favorable cara á actividade da lectura
  • Tomar conciencia da importancia dos libros como fonte de entretemento e de información
  • Aprender a valorar, respetar e coidar o material bibliográfico persoal da biblioteca do centro

"  Habemos de ler aos nenos; ler cos nenos, ler para os nenos. E sobre todo, ter tempo para que os nenos lean"