PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

domingo, 28 de enero de 2018

" REPLANTANDO O MUNDO" 30 de Xaneiro Día Escolar da NON Violencia e da Paz.

Dende a nosa biblioteca unímonos os actos levados a cabo  no centro para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 
Dende hai dúas semanas na entrada da biblioteca hai unha exposición de libros relacionados co tema. Pese a que algunhas das lecturas seleccionadas céntranse na paz e a súa simboloxía, non todos os libros escollidos abraguen a paz da mesma maneira. En ocasións, a paz conséguese a través da empatía e o respeto por un mesmo e polos demais. Constrúese recoñecendo e aceptando as diferenzas e sobre todo queréndonos tal e como somos, polo que tamén hai libros referidos a estes temas.
Na decoración da nosa exposición, contamos coa colaboración dos usuarios da biblioteca que elaboraron mans nas que escribiron diferentes palabras e mensaxes de  PAZ co obxectivo de que entre todos poidamos Replantar un Mundo mellor.
Aquí vos deixamos algunhas fotos ...
























lunes, 22 de enero de 2018

FAMILIAS LECTORAS

Estimadas familias, queremos comunicarvos  que á entrada do edificio administrativo está ubicado un espacio lector para o voso uso.
O empréstito abrangerá como máximo dous meses e farase de xeito autónomo sen que sexa necesaria a supervisión dun mestre.
Cada vez que levedes un libro debedes rexistralo no cuaderno amarelo  que leva por título" Biblioteca familias".  Animádevos !!!!




viernes, 12 de enero de 2018

RETO LECTOR

Comezar un novo ano é comezar un caderno en branco: que aventuras viviremos? que cousas aprenderemos? que propósitos cumpriremos?... Pero como bos lectores, unha das inquedanzas que máis ilusión prodúcenos é : que libros leremos?
E é que seguro que moitos de vos tedes xa unha lista de lectura esperándoos.
Tendo en conta todo isto, Carrás propónnos un reto, a modo de xogo, para ler máis e mellor. O reto consiste en ler un libro por mes baixo unha dinámica distinta. Mirade:


O reto lector está sobre a mesa para os amantes da lectura. Atrevédevos?