A ciencia foi , xeralmente, un mundo gobernado por homes. Son moitos os nomes de científicos masculinos que nos veñen a cabeza cando falamos deste tema, pero non ocorre o mesmo cando pensamos en mulleres científicas. Sen embargo, as mulleres, dende o inicio dos tempos, realizaron importantes contribucións neste campo.
Hoxe, dende a nosa biblioteca, Carrás quere contribuir a desmontar mitos, poñendo de manifesto a grande importancia da muller na ciencia cunha selección de libros para inspirar as nenas , e amosar que elas poden, igual que os nenos, marcar un antes e un despois na historia mundial da ciencia.
De entre todas as mulleres científicas da historia, Carrás quere facer unha mención especial a mestra ferrolana Ángela Ruiz Robles, inventora adiantada o seu tempo, que baseándose nun libro creou o primeiro ebook da historia e cuio prototipo construíuse en 1962.

No hay comentarios:
Publicar un comentario