PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

viernes, 20 de enero de 2017

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES. Curso 2016/17

Hai máis de dez anos, cando Carrás nos propuxo aos maiores da Escola ( o alumnado a partires de terceiro) ser as madriñas e os padriños de lectura do alumado máis novo; sentímonos moi honrados.

Carrás explicounos o que quería con esta actividade e entusiasmounos:

- Coñecernos e relacionarnos os maiores cos máis pequenos.
- Que aprendésemos a coidalos e que os agasalláramos coa lectura dun libro coidadosamente elexido para fomentar neles o gusto por ler.
- Que sentísemos o pracer de ver a un neno emocionado coa lectura que nós eleximos para el.
- Que os afillados e afilladas se sentisen emocionados ao atopar o libro que lle leron os padriños entre todos os da Biblioteca.

Con esta actividade establécese un lazo emocional entre o alumnado e a lectura. Chama a atención descubrir que cando os pequenos se converten en madriñas e padriños e teñen que buscar un libro para ler alégralles atopar os libros que lle leron mentras eles foron afillados e mesmo elixen algún para lerlles.
Nestes últimos anos esta relación entre as dúas clases estabécese ao longo do curso e os afillados reciben na aula, con frecuencia, aos padriños que lles len libros en galego a toda a clase.

No hay comentarios: