21 DE MARZO:DÍA DA POESÍA
Tratamos , desde o 14 de marzo do ano 2020, de reinventar as nosas vidas. Todo é novo, inesperado e cunhas grandes doses de incertidumbre.
As actividades que podemos facer desde á escola están cheas de debate previo , de cuestionar. Non cabe dúbida que a saúde é primordial e iso trae medos que ás veces nos impiden avanzar.
Deste xeito, tratando de dar unha volta a todo xurdiu a idea : POESÍA DESDE O SILENCIO...
Un intento de reciclar, reusar e sobre todo de facerlles ver aos nenos e nenas que o bonito está en todos os recantos e que de algo tan incómodo coma unha mascariña podese facer algo tan fermoso como o que fixeron nas casas dos alumnos e alumnas...
GRAZAS FAMILIAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario