PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

lunes, 29 de marzo de 2021

Poesía dende o silencio










21 DE MARZO:DÍA DA POESÍA


Tratamos , desde  o 14 de marzo do ano 2020, de reinventar as nosas vidas. Todo é novo, inesperado e cunhas grandes doses de incertidumbre. 
As actividades que podemos facer desde á escola están cheas de debate previo , de cuestionar. Non cabe dúbida que a saúde é primordial e iso trae medos que ás veces nos impiden avanzar.

Deste xeito, tratando de dar unha volta a todo xurdiu a idea : POESÍA DESDE O SILENCIO...
Un intento de reciclar, reusar e sobre todo de facerlles ver aos nenos e nenas que o bonito está en todos os recantos e que de algo tan incómodo coma unha mascariña podese facer algo tan fermoso como o que fixeron nas casas dos alumnos e alumnas...


GRAZAS FAMILIAS








Mulleres con pegada








UN GRAN DÍA



Este 8 de marzo amaneceu distinto na nosa escola, arrecendía a sorpresa.
Todas as clases elaboraron un marabilloso mural dunha muller con gran repercusión 
na vida  das personas segundo a súa época  , seu país e o motivo polo que foi especial.

Pensamos desde a nosa biblioteca non quedar ahí... e ese día todos os miembros e miembras do Carrasqueira baixaron ao hall e escribiron todos ilusionados o nome dunha muller con pegada nas súas pequenas vidas...
O vídeo mostra algún momento desta importante actividade.












Rosalíate





Nascín cando as plantas nasen, 
no mes das flores nasín... 

 Alá polo século XIX poemaba a nosa amada Rosalía
 estas fermosas rimas cheiñas de sentires.

  Neste século , na nosa escola liándonos cos fíos e co bo cantar 
do grupo “DE VACAS”, xurdiu este proxecto
 tan lindo do que fala e canta o vídeo a seguir:

ROSALÍATE