PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

lunes, 2 de noviembre de 2009

O xoves 29 de Outubro recibimos no noso colexio o grupo de teatro Clever Pants, que representaron a obra, Sidneyrella para 3º e 4º.

Pasámolo fenomenal, foi moi divertido e aprendimos moito ingles.





martes, 23 de junio de 2009

O prometido é deuda...

Como xa vos dixemos nunha entrada anterior, os de 6º tamén teñen un club de lectura, e como por fin sacamos a foto (na que os dous únicos rapaces NON quixeron saír, ay ay...) pois aí vos deixamos a imaxe inmortalizada do momento, ca mestra Paula, e os comentarios acerca do último libro
"El tiempo y la promesa"



"A min o club de lectura paréceme moi divertido, nunca tiveramos un no cole e a min os libros gústanme moito. Espero que se siga facendo" Alba.

"A verdade é que este libro a min non me gustou moito, é relixioso e a min ese tema non me vai, pero o concepto que quere expresar está ben" María.

"A min o club de lectura ensinoume a atoparlle outro punto de vista á lectura, e con rapaces coma vos, comentar un libro é algo marabilloso. Todos aportabades algo sempre e se o libro nos parecía complicado, coma no caso deste, sempre lle sabiades ver o lado positivo. Moitísimas gracias por eses momentos na hora de lectura, e recordade que sempre vos terei na miña memoria. Unha aperta xigante" Paula





jueves, 11 de junio de 2009

Os nen@s opinan sobre o "club de lectura"

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, no noso cole temos dous clubes de lectura. Os comentarios que van a continuación son do club de 5º. Próximamente ensinarémosvos qué opinan os alumn@s de 6º.

"A min o clube de lectura paréceme unha idea orixinal na que podemos imaxinarnos grandes cousas. Comentalo todo e unha boa idea para poder saber como pensan os demais compañeir@s. Paréceme unha boa maneira de apreciar máis os contos"

"O clube de lectura é moi divertido e ademáis podes aprender moitas cousas".

"O club de lectura é moi interesante porque podes aprender cousas que antes non sabías. É unha pena que non veñan todos os compañeiros porque no clube pérdese a vergoña".

martes, 9 de junio de 2009

Comeza a conta atrás...

Xa queda menos para despedirnos deste curso :(
Aínda que non por iso deixaremos de poñer aquí cousas novas, polo menos ata que rematemos definitivamente, así que polo de agora, toca renovar imaxe. Este curso a cousa foi de medo, ¿non si?, de aí a meiguiña do blogue.
En breve poñeremos un novo encabezado e algunhas fotos para refrescar a memoria...
Estade atentos e... ánimo que isto xa se acabaaaaa!!!

lunes, 18 de mayo de 2009

The Wizard of Oz

No curso 2007-2008 os nenos/as de 6º representaron a obra de teatro,"The Wizard Of Oz" no Ceip Ría de Vigo,Ceip A Doblada dentro da actividade de Interteatro , tamén a representaron no Ceip de Hío (Cangas).

miércoles, 13 de mayo de 2009

O NOSO CLUB DE LECTURA

O CLUB DE LECTURA DE CARRASQUEIRA

No segundo trimestre deste curso creamos no noso Centro un Club de Lectura coa finalidade de compartir cos compañeir@s o gusto por esta actividade. Formamos dous grupos, un de quinto e outro de sexto e xuntámonos unha vez á semana, na hora de ler, para intercambiar opinións sobre o libro, facer actividades e disfrutar xuntos do pracer da lectura.

ANIMÁDEVOS A DISFRUTAR CON NÓS E COMPARTIR A EXPERIENCIA!



Estes debuxos representan o que lles suxeriu ós nen@s de 6º e 5º nivel a lectura do libro "La Mirada Oscura" de Joan Manuel Gisbert, e "O Gordiño Recheo" de Fina Casalderrey.

viernes, 8 de mayo de 2009

Saludos Arizona


Os nosos amigos e alumnos americanos mandáronnos estas fotos dende América, no estado de Arizona. Creemos que nos van dar unha sorpresa en xuño. Todos os que formamos o Carrasqueira mandámoslle unha aperta e esperamos novas noticias da sua aventura.

miércoles, 29 de abril de 2009

INTERTEATRO Os Carrasco Children's Theatre Group un ano máis saímos de xira coa obra Mamma Mia Snow white is here.Unha particular adaptación do conto tradicional actualizado con cancións modernas.O día 1 de Abril visitamos o Ceip Frian Teis,ao día seguinte estivemos no Ceip Belesar.Fomos moi ben recibidos e disfrutamos moito.Agora tócalles a Belesar visitarnos.



martes, 28 de abril de 2009

Visita Anxo Fariña




Na súa visita retratou ós nenos

jueves, 19 de febrero de 2009

Visita de Noemi


Tivemos o honor de recibir a visita e asistir as explicacións da ilustradora Noemí López

jueves, 5 de febrero de 2009

Os alumnos/as de 4º pintaron os seus monstros.

"afundíndose lento
lento
e sonoro
distante
case retráctil
neste embigo nouturno..." A PRIVACIDADE DO ÉTER. E. P. Lombardía

martes, 3 de febrero de 2009


Un saúdo dende a biblioteca.

Mirade a cara ( é un dicir ) de ...,parece un pouco ...

Ti que opinas?