Padriños , madrinas e afillad@s
Rotundamente especial é a relación que os padriños e madrinas tiñen cos seus pupilos.
Levan todo o curso preparando este día.; practicaron moito, agasalláronse, felicitáronse ,
leron, pasearon polo patio... E hoxe por fin é ese día.
Ese día no que as caras sorrintes , as mans juntas, as ilusións e todas as emocións se xuntan para compartir algo máxico...
Un libro.
Grazas a tod@s por facer da lectura un acontecimiento.
Un vínculo moi especial
No hay comentarios:
Publicar un comentario