Dende a nosa biblioteca unímonos os actos levados a cabo no centro para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Dende hai dúas semanas na entrada da biblioteca hai unha exposición de libros relacionados co tema. Pese a que algunhas das lecturas seleccionadas céntranse na paz e a súa simboloxía, non todos os libros escollidos abraguen a paz da mesma maneira. En ocasións, a paz conséguese a través da empatía e o respeto por un mesmo e polos demais. Constrúese recoñecendo e aceptando as diferenzas e sobre todo queréndonos tal e como somos, polo que tamén hai libros referidos a estes temas.
Na decoración da nosa exposición, contamos coa colaboración dos usuarios da biblioteca que elaboraron mans nas que escribiron diferentes palabras e mensaxes de PAZ co obxectivo de que entre todos poidamos Replantar un Mundo mellor.
Aquí vos deixamos algunhas fotos ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario