PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

martes, 27 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro, conmemorouse o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega. O noso colexio sumouse , o venres 23 de febreiro, a celebración do Día de Rosalía, a través da audición durante, a hora de ler, de diversos poemas musicalizados que nos permitiron rememorar os versos da nosa escritora máis ilustre.



No hay comentarios: